Últimas Noticias

Curso de INTELIXENCIA ARTIFICIAL EN EDUCACIÓN. RETOS E OPORTUNIDADES (inicial e avanzado)

Formación titorizada  de 20 horas. Enfocado como unha formación práctica e útil para o día a día do presosorado, será impartdio por polo equipo de Aprendemanía docente.

Nivel inicial e nivel avanzado

Data de inicio: 20 outubro

Data finalización: 16 de decembro

Financiables por FUNDAE.

Ver máis 

 

Finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 2025

Convocatoria para participar na vixésimo segunda edición do Premio literario Frei Martín Sarmiento. Como sabedes, o alumnado participante nalgunha da categorías -Infantil, 1ª(1º e 2º EP), 2ª (3º e 4º), 3ª (5º e 6º), 4ª (1º e 2º ESO), 5ª(3º e 4ª ESO) e 6ª (Bacharelato e adultos- terán que ler as dúas obras finalistas e decidir cal é a obra gañadora).

Ver máis

Educaorientación

Deseño práctico que consta de 3 obradoiros. No primeiro, contaremos coa presenza de Carmen Pomar, que afondará en como realizar un bo enriquecemento curricular; con dous membros de Cogami, que afondarán nas posibilidades que ofrecen os patios inclusivos e os hortos escolares para a inclusión, e con Rubén Díaz e Luísa López, psicólogas e terapeutas familiares que nos ofrecerán unha serie de ferramentas e recursos para traballar en orientación coas familias.

Seguir lendo

Cursos de formación en outubro

Propostas formativas previstas para o mes de outubro:
1. Detectando dificultades de aprendizaxe na aula.
2. Modalidade on line. curso de intelixencia artificial en educación. retos e oportunidades.
3. Comunicación aumentativa e alternativa e comunicadores en contextos educativos.
4. Creación de vídeos educativos con IA e propostas creativas.
5. Ferramentas de IA en orientación.

Seguir lendo

25 Anos de avances e retos educativos

A secretaria autonómica de Escolas Católicas Juana Otero asistiu o sábado 6 de setembro ao acto “A Educación que avanza para transformar Galicia 2000-2025”, organizado pola Consellería de Educación. Na imaxe, con Alfonso Rueda, presidente da comunidade e en quen recaeu a clausura do acto xunto cos representantes da CONGAPA.

Plan formativo curso 25-26

Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.

Ver plan formativo

Premios CASIO para Cluny de Vigo

Queremos recoller neste espazo un dos últimos recoñecementos a profesorado dos colexios de Escolas Católicas, que tivo lugar antes das vacacións.  O profesor Emilio González Carnero de Cluny Vigo, foi un dos gañadores nacionais das bolsas “Buscamos Problemas” de Casio Educación 2025, na categoría de Secundaria. Un traballo que xa fora premiado cos Premios de Innovación Pedagóxica da nosa Federación.

A súa proposta titulada “Finanzas para jóvenes: modelizando el ahorro con progresiones”, foi valorada polo seu enfoque innovador, práctico e próximo á realidade do alumnado. Parabéns a Emilio, símbolo de todos eses docentes que senten paixón por ensinar. 

Convocatoria de BEDA e BEDA KIDS

Para avanzar na aprendizaxe do inglés, Escolas Católicas mantén vixente, entre outras iniciativas, o convenio asinado con Escolas Católicas de Madrid e o programa BEDA que facilita a certificación con Cambridge, tanto de alumnado como de profesorado.

Información sobre as CONVOCATORIAS DE INCORPORACIÓN, RENOVACIÓN O CAMBIO DE NIVEL EN BEDA E BEDA KIDS

 

Seguir lendo

Día da Educación Católica

Vídeo que recolle os testemuños das distintas sedes autonómicas de Escolas Católicas.

Programas aprendizaxe inglés alumnado-profesorado

Propostas académicas e estadías de verán para avanzar na aprendizaxe do inglés, dirixidas tanto a alumnado como a profesorado, Escolas Católicas asinou un convenio de colaboración con KELLS COLLEGE, entidade cunha longa traxectoria organizando este tipo de programas.

Máis info.

Plan formativo curso 24-25

Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.

Ver plan formativo

Colaboracións coa CIEC

Entre os numerosos colaboradores de Escolas Católicas de Galicia encóntrase a Confederación interamericana de Educación Católica integrada, na actualidade por 23 países agrupados administrativamente en cinco rexións correspondentes a Norte, Caribe, Centroamérica, Andina e Sur. Podedes coñecer máis datos sobre esta institución e as súas actividades en http://ciec.edu.co

Neste web colgaremos novas relacionadas coa educación, e información de interese para as nosas escolas así como algúns dos vídeos e mensaxes elaboradas polo secretario actual da organización Óscar Pérez Sayago.

Seguir lendo

As nosas Cifras

37.202

Ed. Infantil + Ed. Primaria

17.159

E.S.O.

4.854

Bacharelato + FP

5.275

Traballadores

Axenda

Ver todos
Venres 21 NOV

Xornada EDLG

Venres 12 DEC

Festival de panxoliñas

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante