Letras Galegas 2024. “A Coruña de Villalta”
Vídeo elaborado polos EDLG de Escolas Católicas da provincia da Coruña
Letras Galegas 2024. “A Coruña de Villalta”
Vídeo elaborado polos EDLG de Escolas Católicas da provincia da Coruña
A Festa da Lingua é unha actividade dinamizadora da lingua e cultura galegas que se celebra en varias cidades de Galicia. Nelas o alumnado realiza diferentes tarefas culturais: vídeos, roteiros, recitados, cancións, regueifas, concertos, obras de teatro…
Convocatoria dunha sesión formativa e informativa centrada na implementación e última actualización do Protocolo de Acoso. Para iso contaremos coa presenza de Ana María Alzate Rodríguez responsable do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Xunta de Galicia.
Dita sesión terá lugar o xoves 25 de abril, de 17:00h a 19:00h, na sede de Escolas Católicas.
“Silleda, a walk through heritage (Silleda, un camiño a través do patrimonio)”, do colexio María Inmaculada de Silleda, escollido para participar no Young European Heritage Makers.
Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.
Entre os numerosos colaboradores de Escolas Católicas de Galicia encóntrase a Confederación interamericana de Educación Católica integrada, na actualidade por 23 países agrupados administrativamente en cinco rexións correspondentes a Norte, Caribe, Centroamérica, Andina e Sur. Podedes coñecer máis datos sobre esta institución e as súas actividades en http://ciec.edu.co
Neste web colgaremos novas relacionadas coa educación, e información de interese para as nosas escolas así como algúns dos vídeos e mensaxes elaboradas polo secretario actual da organización Óscar Pérez Sayago.
37.202
Ed. Infantil + Ed. Primaria
17.159
E.S.O.
4.854
Bacharelato + FP
5.275
Traballadores
Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante