2ª edición curso un modelo de orientación baseado nos talentos do alumando
Respondendo á demanda da actividade formativa Un modelo de orientación baseado nos talentos do alumnado, que inclúe actualización e adaptación á nova Orde de atención á diversidade, e dado que se esgotaron as prazas ofertadas na primeira edición, lanzamos unha segunda edición desta formación.
As sesións serán impartidas por Betina Represas e están dirixidas especialmente a directivos e a orientadores/as, profesorado de PT e AL, membros dos equipos de orientación. Consta de 12 horas, terá lugar os mércores 27 de outubro, 3 e 10 de novembro na sede de Escolas Católicas (Área Central, Praza Europa 10-A, 2ª planta), de 16.30h a 20.30h e poderase financiar por FUNDAE.