2ª Edición do Curso Superior en Dirección de Centros Educativos Privados
Información
Con grande ilusión, comunicámoslles que Escolas Católicas de Galicia, en colaboración coa Universidad San Jorge, lanza a II PROMOCIÓN 2018-2019 do Curso Superior en Dirección de Centros Educativos Privados. Unha formación conducente á obtención do certificado de Especialización homologado por dita universidade, que terá lugar na sede de Escolas Católicas (Rúa Santa Clara, 23) de Santiago de Compostela durante o curso escolar 2018-2019.
Os nosos equipos directivos son a cerna da nosa federación, o tronco imprescindible que sostén a rede de escolas católicas na comunidade. Partindo desta premisa, Escolas Católicas de Galicia, en colaboración coa Universidad San Jorge, organizaron unha formación dirixida a proporcionarlles técnicas e ferramentas específicas para que cumpran as súas funcións nun contexto educativo no cal se converten en líderes e protagonistas da innovación educativa neste momento de vertixinosa evolución e sempre, por suposto, desde o ideario católico que nos caracteriza.