2ª xornada de #comunicatEC: a radico na escola
Información
Convocatoria da segunda edición de #comunicatEC, a nosa xornada de comunicación que, nesta ocasión, imos centrar no ámbito da radio. A Radio na Escola é o título que engloba charlas, obradoiros prácticos -a cargo de xornalistas en activo e de directores audiovisuais-, experiencias e unha mesa de debate con representantes de Cope, Ser, Onda Cero e Radio Galega. O obxectivo fundamental é animar os centros a aproveitar todo o potencial que ofrece o mundo do audiovisual, e en concreto a radio, no ámbito educativo. É unha ferramenta pefecta para traballar as habilidades comunicativas e a educación en valores ao tempo que se abordan contidos curriculares dun xeito diferente.
Este ano complétase o ciclo iniciado o curso pasado que trata de aportar ideas para conectar a escola e a familia no eido pastoral. Así, se o lema da anterior edición era “Como na casa”, o desta edición é “Feito na casa”.
Parécenos especialmente importante salientar a significatividade que deben ter estas xornadas coma momento de encontro da escola católica, para compartir novas ideas e actualizar a formación pastoral das persoas que están colaborando ao desenvolvemento dos proxectos educativos e pastorais dos centros.