Que é transparencia?
A transparencia e os criterios de bo goberno son eixes fundamentais no funcionamento de todas as institucións públicas e privadas. A entrada en vigor da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, supón un avance na regulación normativa desta materia. En liña coas súas disposicións, as organizacións empresariais están suxeitas ao cumprimento da obrigación de publicidade activa, conforme ao artigo 3 da citada Lei.
A través do presente Portal da transparencia, a Federación de Centros EDUCACIÓN E XESTIÓN da Comunidade Autónoma de Galicia cumpre coa devandita obrigación de publicidade activa e desexa seguir mostrando o seu compromiso total coa transparencia en todos os aspectos do seu funcionamento e no desenvolvemento das súas actividades, como realizou en todo momento. Confiamos en que o presente portal resulte de utilidade para cumprir o devandito obxectivo de transparencia na xestión e acceso á información.
Normativa aplicable
Información institucional e organizativa
A Asamblea Federal é o órgano supremo de gobiernó da Federación.
Estará integrada por todos os membros da Xunta Directiva, e por un representante de cada entidade titular de centros afiliados membros da Federación.
A Xunta Directiva é o órgano de dirección encargado de executar o programa de actividades trazado pola Asemblea. Está integrada polo Presidente/a, Secretario/a Autonómico, catro vogais representantes estatutarios das entidades integrantes (vogais estatutarios), e catro delegados provinciais representantes das entidades titulares dos Centros.
Presidenta CC.AA. Galicia
Mª Teresa Iglesias Polo
Inst. Secular Hijas de Natividad de María
Delegado Provincial da Coruña
Juan Manuel Buján García
PP. Franciscano
Delegado Provincial de Lugo
Ana María Rodríguez Rey
Segrar
Lienciada en Filosofía e Letras
Delegado Provincial de Ourense
Fernando Ampudia Alonso
Segrar
Delegado Provincial de Pontevedra
Iván Mirón Cabaleiro
Segrar
Licenciado en Ciencias do Mar
Vicepresidente
Lupicinio Peña Arenas
PP. Salesiano
Secretaria Autonómica
Juana Mª Otero Torres
Segrar
Vogal estatutario I
Mónica Maseda Rodríguez
Segrar
Licenciada en Filoloxía Inglesa
Vogal estatutario II
Mª Eulalia López Lorca
Segrar
Diplomada en Educación Infantil
Vogal estatutario III
Álvaro Cid Bragado
Segrar
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Vogal estatutario IV
Francisco Barros Sanmartín
Segrar
Diplomado en EXB e en Educación Especial
Información económica e orzamentaria
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
Presidente Federal
Sen retribución
Subvencións concedidas por unha Administración Pública
Ningunha