Xornada Prácticas Restaurativas
Información
Actividade formativa de 8 horas, centrada en coñecer, seguindo unha metodoloxía totalmente práctica, recursos e ferramentas para mellorar a convivencia na aula.
Será impartida por Betina Represas e por Rafael Pérez de Lis. Ambos os dous, psicólogos e formadores de docentes, familias e alumnado, expertos en convivencia. Pérez de Lis recibiu, ademais, neste 2024, a Medalla ao Mérito profesional concedida pola Escuela Española de Mediación y Resolución de Conflictos polo seu impulso á Cultura da Paz e o Diálogo.
Data: 7 e 8 de febreiro na sede de Escolas Católicas
O custo desta formación é de 102 euros, que se poderá bonificar por FUNDAE
Inscrición: podedes inscribirvos en PRÁCTICAS RESTAURATIVAS
* O prazo remata o día 3 febreiro.