INFORMACIÓN
Atendendo ao noso obxectivo de facilitarvos un servizo consistente na organización de formación de calidade que responda ás vosas solicitudes e intereses, no eido Pastoral, remitímosvos a proposta de Título de Especialista en Pastoral educativa organizada coa colaboración do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Santiago de Compostela.
Está dirixida a calquera membro do claustro que queira coñecer os fundamentos da Pastoral educativa, a todas as persoas que queiran actualizarse e tamén a aquelas que, ademais, queiran solicitar a DECA de Infantil e Primaria pois todos os inscritos que completen con aproveitamento este programa oberán, ademais do Título de especialista en Pastoral educativa, o certificado en conforme completaron os créditos necesarios para a obtención da DECA de Infantil e Primaria. Posteriormente, se alguén quere obter o título da DECA, deberá solicitalo á Conferencia Episcopal presentando este certificado.
A formación, que se impartirá en modalidade semipresencial, consta de 20 créditos por valor de de 110 horas (39 presenciais -5 sábados, 21 on line -mércores de seis a oito- e 50 de traballo persoal e autónomo -lecturas, reflexións… e un pequeno traballo final).
Custo: o custo desta formación é de 600 euros, totalmente financiables por FUNDAE.
Inscrición: Podedes inscribirvos neste enlace ata o día 1 de marzo: ESPECIALISTA EN PASTORAL EDUCATIVA