Esta Canle de Denuncias externa axústase ao establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, e permitelles, tanto a empregados como a terceiras persoas, alertarnos sobre irregularidades, infraccións administrativas graves ou moi graves e comportamentos delituosos que se detecten na nosa institución.
A denuncia pode formularse facilitando persoalmente a información ou de forma anónima, garantíndose en todo caso a privacidade dos datos e o obxecto da comunicación, de conformidade co disposto na normativa sobre protección de datos persoais.
O responsable da Canle de Denuncias encargarase da adecuada tramitación das comunicacións recibidas que, en todo caso, serán obxecto dunha rigorosa análise e trataranse coa máxima reserva e confidencialidade, velando pola protección do informante e de calquera terceiro relacionado, garantindo que non exista ningún tipo de represalias fronte aos informantes de boa fe.
Así mesmo, respectarase a presunción de inocencia e o dereito de defensa das persoas afectadas, e debe evitarse a creación de situacións de conflito infundadas ou falsas.
Esta Canle de Denuncias non debe utilizarse para achegar suxestións, propostas nin outro tipo de consideracións.