2ª edición do curso Fundamentos da aprendizaxe cooperativa
Información
Case todos os nosos centros están traballando a aprendizaxe cooperativa pero, ás veces, non somos rigorosos e/ou xórdennos algunhas dúbidas. Estámola implementando da forma axeitada? Temos en conta os cinco elementos esenciais para que se dea unha aprendizaxe cooperativa?
Para contribuír a coñecer os fundamentos desta metodoloxía e a súa implementación, Escolas Católicas ofreceu neste curso a primeira edición dunha formación semipresencial –en castelán‐ en colaboración co Cooperative Learning Center da Universidade de Minnesota, institución que dirixen os Irmáns Johnson, creadores do modelo cooperative learning, que impartirán de forma presencial o primeiro módulo do curso.
A formación será impartida por profesorado certificado polo Cooperative Learning Center e as persoas matriculadas recibirán unha certificación emitida por emitido por THE COLLEGE OF EDUCATION & HUMAN DEVELOPMENT, UNIVERSITY OF MINNESOTA e polo CENTRO DE APRENDIZAXE COOPERATIVA.
Nesta formación, o profesorado contará con acompañamento on‐line e tamén presencial, este último previa solicitude, para apoiar a implementación de dita aprendizaxe na aula.