ESCUELAS CATÓLICAS

FERE – CECA
C.I. F.: R2800244 B

Enderezo: C/ Hacienda de Pavones 5;  28030, Madrid
TLF: 913288000/ Fax: 913288001 enderezo electrónico: dpd@ferececa.es

FEDERACIÓN DE CENTROS EDUCACIÓN E XESTIÓN
C.I. F.: G15215619

Enderezo: Praza de Europa, 10A – 2ª  Planta;  15707, Santiago de Compostela
TLF: 981582527/ Fax: 981581073 enderezo electrónico: secretariaautonomica@escolascatolicas.es

A)Datos de centros asociados:

Tratamos estes datos co fin de manter, desenvolver e controlar a relación que poida establecerse entre as partes, enviar información acerca dos servizos, actividades e eventos de interese de ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN), a súa publicación no Directorio de centros e o seu tratamento para estudos desenvolvidos polas referidas entidades.

En definitiva, tratamos estes datos para:

  • Poder contactar convosco
  • Atender, tramitar e xestionar adecuadamente as consultas, comentarios, incidencias ou suxestións remitidas
  • Xestionar as tarefas básicas de administración
  • Mantervos informados, ben por medios electrónicos ou mediante envíos postais, de calquera información que puidese resultar do voso interese
  • Análises estatísticas de visitas á Web e comportamentos dos seus usuarios nela
  • Xestionar a vosa participación nos cursos de formación organizados por ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN)
  • Xestionar adecuadamente a navegación a través deste sitio web
  • O exercicio ou a defensa das reclamacións de calquera tipo.

B) Datos de subscritores:

Tratamos estes datos co fin de manter, desenvolver e controlar a relación cos subscritores, así como para informalos das actividades, servizos e campañas de ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN), enviarlles información periódica da nosa actividade e do impacto do noso traballo, así como invitacións a eventos e conferencias.

C) Datos de contacto:

Tratamos os datos recollidos a través do formulario de contacto para a xestión das consultas dirixidas os nosos departamentos e servizos.

E) Datos de asistentes a cursos:

Tratamos estes datos co fin de manter, desenvolver e controlar a relación que poida establecerse entre as partes, así como para enviar información acerca dos servizos, actividades formativas e eventos de interese de ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN)F)

F) Datos de relatores e colaboradores

Tratamos estes datos co fin de manter, desenvolver e controlar a relación que poida establecerse entre as partes, cumprir coas obrigacións legais, e enviar información acerca dos servizos, actividades formativas e eventos de interese de ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN).

A) Información que vós nos facilitades:

Solicitamos os datos persoais que vós nos facilitades a través da nosa web, mediante formularios ou campos para completar, inscrición na nosa newsletter ou a través do correo electrónico. No momento de recollida seredes informados da nosa Política de protección de datos.

B) Información que solicitamos das vosas visitas á nosa web:

Solicitamos e almacenamos información persoal limitada e estatísticas globais anónimas de todos aqueles usuarios que visitan a nosa web, xa sexa porque vós nos facilitedes dita información de forma activa ou porque vos atopedes simplemente navegando na nosa web. Esta información solicítase a través de cookies (para máis información podedes consultar a Política de cookies).

Os datos persoais proporcionados conservaranse e trataranse na medida en que os necesitemos, co fin de poder utilizalos segundo a finalidade pola que foron solicitados e segundo a base xurídica do tratamento dos mesmos de acordo coa lexislación aplicable.

Manteremos os vosos datos persoais mentres exista unha relación con ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN y GESTIÓN) ou mentres non exerzades o voso dereito de supresión, cancelación e/ou limitación do tratamento dos mesmos. Nestes casos, bloquearemos os vosos datos, sen darlles ningún uso, mentres poidan ser necesarios para o exercicio ou defensa de reclamacións ou poida derivarse algún tipo de responsabilidade xudicial, legal ou contractual do seu tratamento que deba ser atendida e para o que sexa necesaria a súa recuperación.

Respecto daqueles datos persoais que xa non sexan necesarios, o seu acceso quedará limitado ao cumprimento de obrigacións estritamente legais ou ben destruiranse de forma segura.

A base legal para o tratamento dos vosos datos persoais é a seguinte:

  • Por cumprimento da relación cos asociados a ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN YGESTIÓN).
  • Polo cumprimento de distintas obrigacións legais.
  • Por interese lexítimo, por exemplo por motivos de seguridade, xestionar consultas ou solicitudes.
  • Co voso consentimento, para o envío de información sobre ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN).
  • A oferta de servizos está baseada no consentimento que se vos solicita, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do contrato ou a relación existente entre as partes.

Os datos persoais comunicaranse, cando sexa necesario, a outras organizacións para fins administrativos internos.

ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN) comunícalles os datos persoais a prestadores de servizos que poidan actuar como encargados de tratamento de datos. Estas terceiras empresas só teñen acceso aos datos persoais necesarios para levar a cabo o servizo. Esíxelles que manteñan a confidencialidade sobre a información persoal, e non poden utilizala de ningunha outra forma que aquela que lles solicitamos.

ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN), co fin de elaborar estatísticas, poderá proporcionar certa información sobre o usuario de forma disociada a terceiros, incluíndo entre eles os seus anunciantes.

A)  Que dereitos vos amparan en relación ao tratamento dos vosos datos?

  • Dereito a solicitar o acceso aos vosos datos persoais.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Dereito a opoñerse ao tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos.
  • Dereito a retirar o consentimento prestado.
  • Acceso/rectificación e supresión: as persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para a execución do contrato.
  • Limitación: en determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • Oposición: os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN) deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos, imperioso, ou no exercicio ou defensa de posibles reclamacións, e manterémolos debidamente bloqueados durante o prazo correspondente mentres persistan as obrigacións legais. Igualmente, o interesado ten dereito a opoñerse á adopción de decisións individuais automatizadas que puidesen producir efectos xurídicos ou afectarlle significativamente.
  • Portabilidade: as persoas interesadas poden solicitar e recibir os datos que lle incumban e que nos facilitara, ou solicitar que llos enviemos a outro responsable do tratamento da súa elección, nun formato estruturado de uso común e lectura mecánica.

B) Cando responderemos á vosa solicitude?

Responderemos as peticións o máis axiña posible e, en todo caso, no prazo de 15 días desde a recepción da vosa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros 15 días no caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. O responsable informará ao interesado da prórroga dentro do primeiro mes desde a solicitude.

C) O interesado ten dereito a retirar o seu consentimento?

O interesado ten dereito a retirar en calquera momento o consentimento prestado, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento prestado no momento das súas subscricións ou achega de datos.

D) Onde debe dirixirse o interesado para o exercicio dos seus dereitos?

Para o exercicio dos vosos dereitos, poderedes remitir unha carta con todos os vosos datos, incluíndo fotocopia de DNI/ CIF ou pasaporte e indicación do dereito que se exerce dirixíndose a ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN), C/ Hacienda de Pavones, nº 5, Madrid 28030, ou a través do correo electrónico dpd@ferececa.es / dpd@eyg.es

E)Tedes dereito a reclamar?

Cando non obtivésedes satisfacción no exercicio dos vosos dereitos, tedes dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN) adopta e actualiza as súas medidas de seguridade organizativas e técnicas co fin de que o tratamento de datos persoais que realiza sexa conforme aos requisitos da lexislación vixente en materia de protección de datos nacional e europea.

O código fonte, os deseños gráficos, imaxes, fotografías, sons, animacións, software, textos, así como a información e, en definitiva, os elementos contidos na páxina web están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial a favor de ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN).

En todo caso, o usuario poderá visualizalos e utilizalos para uso persoal, quedando prohibida a súa utilización con fins comerciais e, en consecuencia, non está permitida a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, nin o seu tratamento informático, distribución, difusión, modificación, transformación ou descompilación etc., sen o permiso previo e por escrito do titular. Cando se autorice a reprodución deberá indicarse a procedencia.

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, informámosvos de que os enderezos de correo electrónico poderán ser utilizados para o envío de información da nosa organización.

Se non desexades recibir información ou queredes revogar o consentimento outorgado para o tratamento dos vosos datos, pregamos que o fagades da forma arriba indicada ou dirixíndovos ao seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@ferececa.es / dpd@eyg.es .

ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN) resérvase o dereito de modificar a súa Política de Protección de Datos de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Calquera modificación de dita Política será publicada no sitio web.

ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN) utiliza Cookies propias de sesión coa única finalidade de facilitarlles aos usuarios a navegación na páxina Web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nela existen.

Polo tanto non se utilizan cookies para recoller información dos usuarios, nin se rexistran os enderezos IP de acceso.

O portal web titularidade de ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN) contén ligazóns a sitios web de terceiros. Ao acceder a tales sitios web vós podedes decidir se aceptades as súas políticas de privacidade e de cookies desde as opcións de configuración do seu navegador.

ESCUELAS CATÓLICAS (FERE- CECA e EDUCACIÓN Y GESTIÓN), coa única finalidade de mellorar o servizo, analiza o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade dos visitantes e a súa frecuencia de utilización.

Última actualización: 29 de maio de 2018

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante