Obradoiro práctico: creación audiovisual
Información
O motivo deste correo é o de informalos sobre a convocatoria do obradoiro formativo, gratuíto, CREACIÓN AUDIOVISUAL, de 5 horas de duración, que terá lugar no Colexio María Assumpta de Noia. Este curso, dirixido a profesorado de galego, impártese en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e terá como formador o docente e experto no eido do audiovisual, Josema Canabal.