Bibliotecas escolares en evolución

Escolas Católicas

Rúa Santa Clara, 13

15704- Santiago de Compostela

 26  de  abril 

Data límite de inscrición:  10 de abril de 2019

Destinatarios: titulares, directores/as e orientadores/as e responsables de bibliotecas escolares

Información

Desta volta, poñémonos en contacto convosco para presentarvos a actividade formativa BIBLIOTECAS ESCOLARES EN EVOLUCIÓN, de seis horas de duración, que terá lugar o venres 26 de abril na sede de Escolas Católicas en horario de 10.00 h a 19.00 h. Este é o programa definitivo de dita xornada á que, esperamos vos sumedes os responsables de bibliotecas así como calquera persoa interesa no tema.

A asesora técnica de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia impartirá unha charla titulada “As bibliotecas escolares en evolución” e, posteriormente, ofreceranse as claves para poñer en marcha unha biblioteca (Esther Balboa e Enma Canitrot do colexio San Xosé de Cluny de Santiago), presentaranse distintos programas como son as bibliotecas inclusivas (Ceip Pardo Bazán. Ferrol), as creativas (Ceip Ponte dos Brozos, Arteixo), a xestión da biblioteca escolar (correrá a cargo de María Castillo, responsable da biblioteca da Compañía de María de Coruña) e os proxectos documentais integrados (Ceip Castelao. Vigo).

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante