Tratamento integrado de linguas, un desafío
INFORMACIÓN
O tratamento integrado das linguas é unha estratexia metodolóxica que presta unha atención especial á transferencia das aprendizaxes en distintas linguas, co obxectivo de desenvolver unha competencia comunicativa plurilingüe. Trátase de traballar en cada unha das lingua o que lle é propio e compartir entre todas o que teñen en común, sempre ao servizo do alumno/a e co obxectivo de que poida utilizar de maneira axeitada e eficaz a lingua que require cada situación.