BUSCANDO A MARÍA
Data: Luns 4 de xuño. Se chove, trasladarase a outra data próxima.
Hora: 10.30 horas.
Lugar: Concentración diante do Museo do Pobo Galego. A actividade desenvolverase nas distintas zonas do parque de Bonaval. (adxúntase plano de situación e colexios).
Alumnado: Os centros dunha liña (1º e 2º curso primaria).
Os centros de dúas ou máis (2º curso primaria).
Descrición da actividade: Consiste na búsqueda das 10 pezas dun crebacabezas coa imaxe da Virxe María. A continuación pegarase nunha cartolina dunha cor determinada. Os colexios de máis dunha liña buscarán dúas imaxes, unha da Virxe María e outra dun debuxo relacionado (unha flor, por exemplo).
As cores das cartolinas designadas para o crebacabezas de cada centro serán: La Salle (amarelo), Inmaculada (verde), Compañía de María (amarelo), Juventud (laranxa), Nª Señora dos Remedios (vermello), S. Xosé de Cluny (verde), San Jorge (azul) e Divino Maestro (fucsia).
Cada neno/a levará unha pulseira (pode ser de “cola de rato”) da cor do crebacabezas que corresponde ao seu centro. (Para facilitarlles aos nenos a busca das pezas, estas poden ter polo revés a cor da cartolina).
Ao rematar, xuntaranse os distintos crebacabezas e cantaremos unha canción alusiva á Virxe María (Canción: Xa nos tes aquí).