Charla Carmen Pellicer: desafíos da educación hoxe e habilidades docentes clave á luz da LOMLOE
Información
Convocatoria dunha serie de actividades ao redor da LOMLOE. Pendentes aínda da súa concreción autonómica, convidámosvos a asistir a unha charla de hora e media, en modalidade on line, que nos levará a reflexionar sobre os desafíos da educación hoxe e as habilidades docentes clave á luz da LOMLOE. Para iso, contaremos con Carmen Pellicer, teóloga, pedagoga, escritora, presidenta da Fundación Trilema e membro do equipo que elaborou os capítulos dedicados a educación do Informe España 2050.