A Semana de Cine Espiritual é unha interesante proposta na que, a través do cine, achegamos a experiencia cristiá aos alumnos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato con diferentes películas axeitadas a cada idade. Grazas a esta iniciativa os nenos poden ver un cine construtivo que doutro xeito pasaría inadvertido para eles.
Ademais do visionado, explicación e pequeno debate ao final do mesmo, os centros reciben unhas fichas didácticas para traballar os contidos e valores que se fomentan nas películas proxectadas.
Trailers das películas