Coidando a saúde mental do alumnado

COIDANDO A SAÚDE MENTAL DO ALUMNADO (2)

Colexio Maior Xelmírez

Rúa de Vista Alegre, 46

Santiago de Compostela

17 de novembro de 2023

Matrícula 60€

Información

Un dos retos aos que se teñen que enfrontar os alumnos e alumnas deste século e, por suposto, nós como sociedade, é coidado da saúde mental (suicidios, depresións, adiccións, ansiedade…). A formación neste eido  para todos os implicados no ámbito educativo é imprescindible. Unha formación adaptada ás nosas necesidades e aos nosos colexios. Partindo destas premisas, organizamos a xornada Coidando a saúde mental do alumnado, incluída no noso plan formativo, que terá lugar o 17 de novembro no Colexio Maior Xelmírez de nove a tres da tarde.

Para afondar neste tema, contaremos con profesionais de longa traxectoria profesional dedicada á educación, á saúde mental e ás adiccións e á protección de datos.

Antonio Rial Boubeta, psicólogo, docente da USC e investigador, sobre todo, no eido das adiccións en adolescentes; Betina Represas, psicopedagoga, membro dos Equipos de Orientación Específica de Pontevedra e colaboradora de Escolas Católicas; Xandre García Caballero, psiquiatra, coordinador de programas de prevención e promoción de saúde mental do SERGAS; José Julio Fernández, docente da USC e delegado de protección de datos desta universidade.  A Asociación Xaruma, especializada na intervención social no ámbito da saúde mental; Betina Represas coas prácticas restaurativas, a enfermería escolar e  dúas das experiencias dos nosos colexios -San José FEC, de Lugo e Esclavas da Coruña- ofrecerannos ideas e claves para afrontar este reto nas nosas aulas.

Por útimo, contaremos cun pequeno coloquio aberto á participación dos asistentes e pecharemos coa sempre emotiva e emocionante, Vero Rilo.

Agardamos que este encontro resulte do voso interese e agardámosvos o 17 de novembro no Colexio Maior Xelmírez (dispón de aparcadoiro gratuíto)

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante