Como levo á práctica un plan de convivencia eficaz no meu centro educativo?

foto Silenole formación-1

Sede Escolas Católicas

Praza  de Europa, 10A – 2ª Planta

15707-Santiago

O departamento de Innovación Pedagóxica en colaboración con Silenole, organización dedicada á prevención do bullyng e á mellora da convivencia nos centros educativos, ofrécevos este obradoiro práctico, o 2 de xullo de 10:00h a 15:00h, centrado nesta temática que é unha prioridade absoluta para todos os centros educativos de Escolas Católicas. Prevención, detección, tratamento e seguimento son os puntos clave nos que se vai centrar Juan Muzquiz, fundador de Silenole. Este obradoiro está dirixido a membros de equipos directivos, a coordinadores/as de orientación e de benestar, a titores e, en xeral,  a todos os docentes pois a mellora da convivencia a a prevención da violencia dun centro educativo é cousa de todos.

Data: 2 de xullo de 10:00h a 15:00h na aula de formación de Escolas Católicas. Área Central. Praza Europa, 10-A, 2ª planta. Santiago de Compostela.

Custo: Esta formación, que se poderá bonificar por FUNDAE, ten un custo de 71 euros.

Inscrición: Podedes inscribirvos ata o 20 de xuño en PLAN CONVIVENCIA

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante