Coordinador/a de benestar e protección do menor

foto formación A FIGURA DO COORDINADBENESTAR E PROTECCIÓN DO MENOR

Lugar de realización:

Sede de Escolas Católicas

Praza de Europa, 10A-2ª Planta

15707-Santiago

Do 28 de outubro ata o 10 de novembro de 2023

Data límite de inscrición 10 de outubro de 2023

Información

Tras saír publicada a Orde que establece as funcións da figura designada como coordinador/a de benestar no eido autonómico, obrigatoria para todos os centros educativos, desde o departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas, organizamos unha formación centrada neste tema.

A formación, da que está solicitada a homologación por parte da Xunta de Galicia, terá unha duración de  40 horas; 25 delas terán carácter presencial e as outras 15, non presenciais, de traballo individual (9 horas de lecturas+6proxecto de fin de curso) e terá lugar na sede de Escolas Católicas (Área Central. Praza Europa, 10-A; 2ª planta. Santiago de Compostela). O programa consta de 4 módulos e terá a seguinte temporización:

DATAS E HORARIO

Módulo 1 (6 horas): sábado 28/10/2023 de 9:00 a 15:00h

Módulo 2 (6 horas): Venres 3/11/2023 de 9:00h a 15:00h

Módulo 3 (6 horas): Sábado 4/11/2023 de 9:00h a 15:00h

Módulo 4 (7horas): Venres 10/11/2023 de 10:00h a 14:00 e de 15:30h a 18:30h

No documento anexo, ofrecésevos información detallada de todos os contidos.

CUSTO: O custo de dita formación, financiable por FUNDAE,  é de 330 euros.

Podedes inscribirvos no seguinte enlace antes do día 10 de outubro:  COORDINADOR DE BENESTAR

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante