Curso introducción ao traballo por proxectos (EI e EP). Como aprender a aprender
Información
O motivo deste correo é o de informalos sobre a convocatoria do curso de formación O traballo por proxectos. Como aprender a aprender de 4 horas de duración dirixido a profesorado de Infantil e Primaria que queira iniciarse na metodoloxía do Traballo por proxectos co seu alumnado.
Cómpre entender o proxecto como unha forma de romper o espazo e o tempo na aula, de realizar un traballo cooperativo co alumnado, o que supón un reto para o traballo diario. Partindo da motivación búscase unha xustificación do traballo por proxectos. Un ensino baseado en proxectos supón unha forma de concibir a educación que rompe co currículo pechado e abre as aulas ao entorno no que viven. Baséase en escoitar ao alumnado, facéndoo participe da aprendizaxe, tratando de espertar nel o desexo de aprender. Dito curso será impartido pola profesora e formadora Remedios Forneiro.
DATAS E HORARIO
Santiago. Sábado 10 de novembro de 10.00 h – 14.00 h na sede de Escolas Católicas (Santa Clara, 23. Santiago de Compostela.