Formación en setembro de 2022
Información
Remitímosvos o Avance formativo, elaborado polo departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas de Galicia, para o curso 2022-2023 para que vaides coñecendo e valorando as nosas propostas.
Avance do plan formativo 2022-2023
Ademais, enviámosvos en anexo o programa da actividade formativa Avaliación auténtica. Lomloe e de Programación e avaliación cos novos currículos -que incluirá a aplicación Proens.
Introdución á avaliación Lomloe. Venres 16 de setembro de 16:00 a 21:00h.
Programación e Avaliación cos novos currículos -que incluirá a aplicación Proens. Trátase de dúas formacións simultáneas, unha dirixida a Infantil e Primaria e outra para ESO, que terán lugar o día 17 de setembro de 9:00 a 14:00h