Convocatoria do encontro Impulsa Infantil, que vai pola súa 3ª edición e que terá lugar o sábado 5 de abril, no Colexio Maior Xelmírez de Santiago de Compostela, de 10:00h a 15:00h. Está dirixido a todo o profesorado de Infantil así como a membros de equipos directivos e a calquera persoa interesada no tema.
Trátase dun programa no que contaremos cun obradoiro impartido por Marta Pérez e Paula Madrid , fundadoras de Infancia M&P, empresa que ten como obxectivo ofrecer ferramentas útiles para a compresión, a educación e a crianza dos nenos e nenas. O obradoiro centrarase no perfil sensorial do alumnado de infantil.
Irimia Fernández, fundadora e directora de Brazolinda, imaxina, deseña e crea xogos de mesa. Con ela e cos seus xogos, descubriremos, de forma práctica, por que os xogos de mesa son necesarios na etapa de infantil.
Con Israel Arranz Carreño, músico e docente. Na súa faceta como músico, especialmente de jazz, Israel conta cunha ampla traxectoria e numerosos recoñecementos tanto nacionais como internacionais. Como educador e formador, destaca por formar parte do equipo que elaborou o currículo de música dos centros escolares. Con el, achegarémonos á importancia de introducir a música nesta etapa, tamén a tradicional.
O CUSTO da matrícula deste encontro é de 70 euros.
INSCRICIÓN. Podedes inscribirvos neste enlace: IMPULSA INFANTIL

Lugar de realización:
Colexio Maior Xelmírez
Rúa Vista Alegre, 48 – 15705-Santiago