Especialista en Educación Emocional, Social e da Creatividade para a transformación educativa

 

Modalidade mixta

Do 25 de febreiro ata o 29 de novembro de 2021

Data límite de inscrición:  25 de xaneiro

FORMACIÓN: ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN EMOCIONAL, SOCIAL E DA CREATIVIDADE PARA A TRANSFORMACIÓN EDUCATIVA

Información detallada da formación, con título propio emitido pola Universidade San Francisco de Vitoria, Especialista en Educación Emocional, Social e da Creatividade para a transformación Educativa. Trátase dunha formación, que se desenvolverá na modalidade on line, que consta de 263 horas e 35 créditos ECTS, 5 dos cales se deben dedicar á elaboración dun Traballo Final Especialista.

Data de inicio: 25 de febreiro 2021

Data de finalización: 29 novembro 2021

Horario: Ao tratarse dunha formación online na que cada estudante leva o seu propio ritmo de traballo, non se establece un horario fixo para o curso (con excepción das clases síncronas e dos encontros con especialistas).

Prazo: 25 de xaneiro.

Custo: DESCONTO DO 25% para quen se inscriba antes do 25 de xaneiro!

O custo desta formación para as persoas que se inscriban antes do 25 de xaneiro -incluído- ten un desconto do 25%: 2.169,75 euros, totalmente bonificables por FUNDAE. Este custo incrementarase un 25% (2.712,19 euros) para os que se matriculen despois do 25 de xaneiro. Neste caso, a cantidade da que se poderán bonificar será só 2.169,75 euros.

LEMBRADE!

REQUISITOS DE FUNDAE PARA BONIFICACIÓN NESTA MODALIDADE

Tempos de conexión, realización de controis e secuencia adecuada.

1º Tempos de conexión

Este título ten 262,5 horas de docencia. Fundae esixe que o alumnado cumpra cunha porcentaxe destas horas de conexión na plataforma do curso, en concreto 75% ou máis. Recomendación: estudar os recursos de cada tema dentro da plataforma, para que o tempo de estudo quede rexistrado.

2º Rexistro de realización de controis e o seu resultado

Esta formación consta dun test ao final de cada módulo e dunha entrega final e defensa do Traballo Final de Especialista. Fundae esixe que o alumnado realice polo menos o 75% dos controis.

Recomendación: realizar todos os test ao final de cada módulo, ademais do TFE.

3º Realización das probas segundo a secuencia adecuada

Está formado por 5 módulos que se publican nas datas indicadas na Guía do estudante. Fundae esixe que o acceso aos temas se realice de forma “secuenciada”, é dicir, seguindo a orde indicada e realizar o test final de cada módulo antes de acceder ao seguinte.

 

 

 

 

 

 

 

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante