Explorando camiños de innovación e cambios
Información
FORMACIÓN. PROGRAMA DE DIRECTIVOS: EXPLORANDO CAMIÑOS DE INNOVACIÓN E CAMBIO Desexas liderar o cambio? Que estás a facer? Cara a onde queres ir? A esta e a outras preguntas prenténdese responder con Explorando camiños de innovación e cambio. Un programa formativo dirixido especialmente a directivos e a membros de equipos directivos. Como vos adiantamos no Encontro de directivos do venres 22 de outubro, desde o departamento de Innovación Pedagóxica remitímosvos información detallada relativa a este programa. No arquivo adxunto atoparedes tres opcións para abordar esta iniciativa que busca unha reflexión profunda, por parte dos colexios e das institucións educativas da nosa federación, para continuar liderando o cambio na educación. Como ben sabemos, a transformación do cambio debe afectar a roles alumno/docente; equipos, ritmo, enfoque e selección de contidos, metodoloxías, avalación do alumnado, tecnoloxía… e provocar tamén transformación de espazos, estratexias e organización, o liderado, traballo en rede, familia e contorna, cultura interna…… Explorando camiños de innovación e cambio proponnos tres opcións, dirixidas por Xavier Aragay fundador e presidente de Reimagine Education, para abordar este camiño de reflexión profunda que nos leve a tomar as decisión adecuadas. Opción 1 Viaxe a Barcelona para coñecer colexios innovadores: Inscríbete premendo aquí: INSCRICIÓN VIAXE Opción 2 Seminarios de reflexión Inscríbete premendo aquí: INSCRICIÓN SEMINARIOS Opción 3 Viaxe a Barcelona (3 días) máis seminarios de reflexión Inscríbete premendo aquí: INSCRICIÓN VIAXE+SEMINARIOS
|