As Festas da Lingua naceron co obxectivo de fomentar a relación intercentros, de compartir e difundir momentos de experiencias ao redor da lingua e da cultura galega, sobre todo, ao redor do premio Sarmiento e das Letrras Galegas.

Organízase en distintas cidades de Galicia (Santiago, Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo) e, tras a lectura dun manifesto, o alumnado participa organizando distintas actividades vencelladas ao persoeiro ao que se lle dedica dito día (teatro, recitais de poesía, lectura de textos…). Péchase o acto cunha actuación teatral ou musical.

Celebración das Festas da Lingua 2024

FESTAS DA LINGUA 

Na pandemia iniciamos esta proposta virtual de Festa da Lingua e, tras a boa acollida por parte dos colexios da nosa federación, continuamos con ela.

Só nos queda dar as grazas a todas as persoas “boas e xenerosas” que traballan e comparten lingua e cultura galegas alá por onde van.

GRAZAS!!

Festa da Lingua en Ourense

Lectura dun manifesto de reivindicación da lingua e cultura galegas. Logos os centros presentaron cadaseu vídeo de promoción e difusión do galego.

Ver

Festa da Lingua en Santiago

Música, poesía, baile, tradición oral e lingua galega,  unha perfecta combinación para  celebrar a Festa da Lingua  en Santiago.

Máis información

Festa da Lingua en Vigo

Os nenos e nenas  de primeiro, segundo e tercerio ciclo de Primaria desfrutaron do Home Orquestra  na  Festa da Lingua en Vigo.

Ver  vídeo

Festa da Lingua en Pontevedra

Espéctaculo para os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Primria  “Roupa tendida”, de Xarope Telú para celebrar a Festa da Lingua en Pontevedra

Máis información

FESTA DA LINGUA 2024

Programa da nosa Festa da Lingua virtual que xira ao redor das Letras e de Luísa Villalta. Nel incluímos ferramentas e recursos que vos poden axudar a achegar ao alumnado a figura de Luísa Villalta entre os que se encontra o documental centrado na figura da autora homenaxedada nas Letras deste 2024, coordinado polos EDLG da Coruña e elaborado polo alumnado que se presentou na Xornada das Letras da Secretaría Xeral de Política Lgtca. o sábado 27 de maio.

Programa virtual Festa da Lingua 2024

FESTA DA LINGUA 2023

Tedes un genially con materiais que elaborou, e nos enviou para incluír neste programa, profesorado dos nosos EDLG xunto con outro procedente doutras entidades. Oxalá vos sirvan de axuda para achegarvos á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, persoeiro ao que se lle dedican o Día das Letras Galegas deste ano.

Programa virtual Festa da Lingua 2023

FESTA DA LINGUA 2022

FESTA DA LINGUA virtual deste 2022 que, espero, complemente as actividades que organizades nos vosos centros ao redor das Letras Galegas. Como o ano pasado, trátase dun programa que pretende ofrecer actividades dirixidas a toda a comunidade educativa e que, esperamos, vos axude no voso labor de dinamización e normalización da lingua galega.

Programa virtual Festa da Lingua 2022

 GAÑADORES DO CERTAME IPANEMA DAS LETRAS

Parabéns aos gañadores do certame IPANEMA DAS LETRAS, incluído no programa da FESTA DA LINGUA 2022.

As ilustracións gañadoras da categoría de Primaria foron as realizadas por Daniela Vázquez Valiño, do colexio Nosa Señora do Carme de Betanzos e Julia Fernández Dafonte, do colexio Fillas de Xesús.

Na categoría de ESO, o artigo merecedor do galardón foi o titulado Emigración, de Gabriel Otero, do colexio San José de Pontedeume.

Concurso IPANEMA das Letras

FESTA DA LINGUA 2021:

Por mor da pandemia, non podemos reunirnos e festexar a nosa festa da lingua como acostumamos. Así que velaquí tedes unha Festa da Lingua virtual onde ofrecemos unha chea de propostas e de actividades ao redor da cultura e da lingua galega.

Aproveitádeo e que rule!!!

Programa virtual Festa da Lingua 2021

Galería de imaxes

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante