FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

EC Galicia organiza un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, en idioma galego

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS 

O día 13 de decembro terá lugar o Festival de Panxoliñas de Escolas Católicas que organizamos co patrocinio de Activa, SM, Santillana, Anaya e Edelvives e Edebé e grazas ao apoio da Secretaría Xeral da Lingua. Este ano, dado que as Letras Galegas se dedican ás cantareiras e á música de tradición oral, animámosvos tamén a que recuperedes algunha das nosas panxoliñas tradicionais (na páxina web do Museo do Pobo Galego podedes atopar algunhas delas con partituras musicais incluídas). Dito festival realizarase, en horario de cinco a oito, no salón de actos do colexio La Salle.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante