Formación Liderado do coidado. Un taller de 6 horas que será impartido por Ana Isabel San José, cofundadora de Learning Flow, o día 30 de novembro. Dita formación terá lugar na sede de Escolas Católica (Área Central. Praza Europa 10-A, 2ª planta. 15707 Santiago de Compostela). Trátase dunha proposta dirixida especialmente a membros de equipos directivos onde se ofrecerá, entre outras cousas, recursos e ferramentas do coidado para a aula e o equipo de profesores/as. A metodoloxía empregada basearase no traballo cooperativo e no principio “Non mo contes, lévame alí”.
O custo desta formación, financiable por FUNDAE, é de 85 euros.
Prazo: 25 de novembro.