A espiritualidade a a Pastoral son a columna vertebral dos nosos centros educativos. Para avanzar nesta área, ofrecémosvos a posibilidade de formarvos na metodoloxía Vinde e Veredes, desenvolvida por SM e avalada por EC nacional.

Trátase dun proxecto baseado nunha pedagoxía que favorece o desenvolvemento da espiritualidade da persoa, en especial a dos nenos/as, a través da narración de historias da Biblia (Antigo Testamento e Novo Testamento) e da Igrexa (fe, liturxia e sacramentos, moral e oración). Tedes información detallada no documento adxunto.

Esta formación, de 8 horas, vai dirixida a todo o claustro. Para garantir que as sesións sexan totalmente prácticas  e personalizadas, cada grupo contará con 13 persoas. Existe a opción de reunir profesorado de dous ou tres centros educativos para chegar a ese número. A formación realizarase en venres pola tarde e en sábados pola mañá ou en dous sábados. Os centros escollen a data e mais o horario que lles resulte máis axeitado para realizar dita formación que será impartida por Francisco Collantes, Vanesa García e Charo Baleirón, diplomados en dita metodoloxía.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante