Formación: Ruptura familiar
INFORMACIÓN
Unha das solicitudes xurdidas dos Almorzos con directivos, mantidos en xullo, foi a de organizar unha formación centrada no tema da ruptura familiar na cidade de Lugo, aberta a todos os colexios. Esta formación terá lugar o 14 de novembro, de catro e media a oito e media no salón de actos do colexio María Auxiliadora.
A formadora será Mar Vivero, avogada especializada en familias, titora no Máster da avogacía da USC, socia deExecutivas de Galicia e da Asociación española de abogados de familia e cónsul honoraria de Brasil en España.