INFORMACIÓN
Convocatoria da actividade formativa Intelixencia artificial en educación. Retos e oportunidades (nivel anvanzado). Este curso titorizado, de 20 horas, impartirase en modalidade on line asíncrona e está dirixido a membros de equipos directivos, orientadores, titores, docentes de todas as áreas e niveis e a calquera persoa interesada. Non se requiren coñecementos previos importantes sobre IA para poder realizalo con total desempeño. Simplemente, unha competencia dixital básica e interactuar minimamente con algunha ferramenta de IA, como por exemplo: ChatGPT, Microsoft Copilot, Google Gemini…
Está deseñado como unha formación práctica e útil para o día a día do profesorado e será impartido por profesorado en activo que forma o equipo de Aprendemanía docente.
Data de inicio: 4 de febreiro (ás 18:00h sesión de presentación da formación)
Data de finalización: 4 de marzo.
Custo: 150 euros por persoa, financiables por FUNDAE.
Inscrición: neste formulario INTELIXENCIA ARTIFICIAL – NIVEL AVANZADO
O prazo remata o día 28 de xaneiro.