Escolas Católicas de Galicia está involuncrada no fomento das linguas estranxeiras. Algúns dos programas e proxectos que se ofrecen desde EC son os seguintes:
Escolas Católicas de Galicia está adscrita ao programa de fomento das linguas estranxeiras BEDA. BEDA é un programa consolidado e de referencia, a nivel nacional, na mellora do inglés e no bilingüismo. Por iso, todos os centros implicados deben aspirar a conseguir o maior grao de calidade nos seus proxectos lingüísticos, na formación-capacitación dos seus profesores e nos resultados da avaliación con Cambridge English. Tamén é un programa flexible, que axuda eficazmente á mellora da ensinanza do inglés, sempre en coherencia coa calidade e co Proxecto Educativo e valores dos Colexios, así como coa normativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de linguas estranxeiras.
Escolas Católicas aposta por unha educación internacional. Con este proxecto asesora aos centros para crear equipos europeos que se encarguen deste labor.
A nosa entidade fomenta o ensino de idiomas, promove a cidadanía europea, colabora con centros doutros países, axuda a organizar visitas pedagóxicas e intercambios de alumnos.