Obradoiro comunicación: modelo Bridge
Información
Por que algunhas cousas que lles dicimos a uns lles sentan tan mal e a outros lles sentan tan ben? Por que as mesmas palabras ás veces nos achegan e outras xeran unha distancia insalvable?
Para responder estas preguntas, Alejandra Sánchez, comunicadora e coach e primera certificada galega e partner do modelo Bridge da zona Norte de España, impartirá un obradoiro formativo -práctico e dinámico- centrado neste modelo que nos ensina a identificar a nosa maneira de relacionarnos, as súas características de eficacia e de ineficacia. Tamén nos axudará a descubrir a preferencia relacional dos demais, o que contribúe a mellorar a nosa comunicación. Este obradoiro terá lugar o día 26 de outubro de 09:30 a 14:30.