Obradoiro Matemáticas Singapur-SM (Gratuíto)
Información
Escolas Católicas, en colaboración co grupo SM, ofrece o día 27 de xaneiro un obradoiro, totalmente práctico e gratuíto, onde se darán a coñecer os fundamentos do programa Pensa Infinito e das matemáticas Singapur, unha metodoloxía que facilita que os alumnos se acheguen ás matemáticas non baseándose na memorización senón no razoamento, xerando unha compresión real e duradeira. Esta formación correrá a cargo da formadora Arantzazu Fraile Rey, licenciada en Físicas, cunha ampla traxectoria na investigación e formación relacionada co ámbito tecnolóxico e as matemáticas e responsable da formación do programa Pensa Infinito.