Informamos da convocatoria da proposta formativa presencial Educación e tecnoloxía. Trátase de dous talleres, totalmente prácticos, centrados no uso da IA na app Canva e en Genially para uso educativo. Dúas ferramentas que nos permiten deseñar recursos didácticos educativos atractivos e eficaces. Os docentes aprenderán a deseñar recursos audiovisuais optimizando a presentación de contidos e fomentando unha aprendizaxe máis itneractiva e motivadora para o alumnado. Para iso, contamos con Santiago Gómez Fuentes, docente e formador con ampla experiencia na aplicación da IA no eido educativo.
No programa, incluímos información detallada de cada un dos obradoiros, presenciais, que terán lugar os días 20 e 27 de marzo, de catro a oito, na sede de Escolas en Santiago de Compostela Católicas (Área Central, praza de Europa, 2ª planta 10-A). Esta proposta está dirixida a todos os docentes, titores/as e a calquera persoa interesada en sacar o máximo rendemento a estas dúas aplicacións. Ao seren obradoiros prácticos, requírese que as persoas inscritas traian cadansúa tableta ou ordenador o día da formación e que coñezan minimamente as aplicacións.
IA e CANVA
Data e horario: 20 de marzo de catro a oito.
Custo: O custo desta formación, bonificable por FUNDAE, é de 52 euros.
IA e GENIALLY
Data e horario: 27 de marzo de catro a oito.
Custo: O custo desta formación, bonificable por FUNDAE, é de 52 euros.