O apartado de Pastoral é un espazo para dar cabida a informacións e actividades que poidan complementar e axudar na pastoral dos centros educativos.

Os nosos centros educativos son escolas católicas que inspiran a súa acción educativa no Evanxeo e nun ideario propio.

Liñas de acción:

  • Buscamos a formación integral dos alumnos, de acordo cunha concepción cristiana da persoa, da vida e do mundo.
  • Vivencia dos valores evanxélicos a través do cales revelamos que Deus nos ama.
  • Compromiso pola xustiza, cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.
  • Fomentar a responsabilidade ante o progreso da ciencia e da tecnoloxía.
  • Animamos a dimensión eclesial e misioneira.
  • Apostamos pola creatividade e a innovación.
  • Queremos propiciar e apostar por unha pastoral de procesos, coidalos e acompañalos, buscando o desenvolvemento da dimensión interior dos nosos alumnos, para que sexan capaces de elaborar un pensamento crítico, e de reflexionar e optar en liberdade polos valores evanxélicos.
  • Promover a formación a todos os niveis.
  • Queremos partir da vida dos nosos alumnos, das súas experiencias, e axudarlles a vivir e discernir as súas propias vidas e procesos.
  • Promover e fomentar a formación do profesorado como medio imprescindible para ofrecer unha educación innovadora e de calidade.

Formación

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante