Co patrocinio da editorial Rodeira-Edebé, Escolas Católicas de Galicia convoca os Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego. Un galardón que ten como obxectivo impulsar a dinamización e recoñecer o labor realizado neste ámbito polos EDLG, equipos que deben deseñar e canalizar todas as propostas co obxectivo común de avanzarmos no coñecemento e uso da lingua galega. A entrega dos galardóns terá lugar no mes de novembro na Xornada de Normalización Lingüística.
Premiados
Compañía de María da Coruña
Fillas de María Inmaculada de Vigo
Divino Maestro de Lugo
Compañía de María do Ferrol
Esclavas del Sagrado Corazón da Coruña
RECOÑECEMENTO AO EDLG do Colexio Esclavas da Coruña, que ten como coordinadora a Marta Domínguez. As Esclavas da Coruña presentaron catro traballos dixitais realizados durante o confinamento para o alumnado de Infantil e Primaria que destacan pola cantidade de recursos que ofrecen, polo seu carácter lúdico e innovador, polo traballo de dinamización léxica e cultural… E. Infantil: E. Primaria: |