O premio Frei Martín Sarmiento naceu no ano 2003 co obxectivo fundamental de fomentar a lectura do libro en galego entre o alumnado pertencente á rede de Escolas Católicas.

Este galardón, que leva o nome dun grande ilustrado do século XVIII amante da lingua, da cultura e do noso país, é un dos máis queridos para a nosa federación. Cada ano, un grupo de profesores le as novidades publicadas polas distintas editoriais ao longo do curso. Deste proceso saen os finalistas nas seis categorías: Infantil; 1ª categoría: 1º e 2º de Primaria; 2ª categoría: 3º e 4º de Primaria; 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria; 4ª categoría: 1º e 2º ESO; 5ª categoría: 3º e 4º ESO; 6ª categoría: Bach e adultos.

Posteriormente, ao redor de 3.000 alumnos/as participan nas lecturas dos libros finalistas e, tras as súas valoracións, coñecemos quen é o autor/a gañador de cada ano. Para valorar as obras, remitimos aos colexios unha ficha coas categorías e o alumnado só ten que que ter en conta un criterio: “Que libro che gusta máis?”. Deben puntualo de 1 a 10.

A obra que obteña máis puntuación, será a gañadora. Os galardóns entréganse nunha cerimonia a finais de maio, xunto cos galardoados no certame de curtametraxes REC.curta, á que asisten os autores/as gañadores, representantes das editoriais, o secretario xeral de Política Lingüística e as coordinadoras territoriais dos EDLG, representantes do Festival de Cans, ademais de profesorado, alumnado e pais dos nosos colexios.

FINALISTAS XXI PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO

Xa temos as obras finalistas da vixésimo primeira edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento. Tras a súa lectura, o alumnado participante elixirá coa súas votacións as obras gañadoras deste curso 2024-2025.

Infantil

Avoas e avós. Joanna Bartosik, Małgorzata Swędrowska. Verdemar. Alvarellos Editora

Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial

1ª Categoría (1º, 2º EP)

Avoa, neto e burro.  Caxoto. Ilustración: Cinta Arribas. Triqueta editora

Hermilindo esbirra poemas. Paula Señarís. Galaxia

2ª Categoría (3º, 4º EP)

Clorinda Marween. Unha bruxa inventora. María Vázquez Pupé. Cumio Editorial

O Reino de Libeliño. Estefanía Padullés. Hércules de Ediciones.

3ª (5º, 6º EP) Tradución

A máquina de facer contos. Ricardo Gómez e Emilio Urberuaga. Tradución: Víctor Mascato. Triqueta editora

A guerra de Nico. Josan Hatero. Tradución: Isabel Soto. Rodeira-Edebé.

4ª categoría (1º, 2º ESO)

Como escorrentar un lobo. Antonio M. Fraga. Cuarto de Inverno

A tribo do mar. Lois Pérez. Edicións Xerais

5ª (3º, 4º ESO)

Reis da montaña. Daniel Hernández. Rodeira-Edebé

Lapislázuli. O regreso das superguerreiras. Alba Rozas. Boadicea Editora.

6ª (Bach e adultos)

Madame de Treymes. Edith Wharton. Bululú

A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Edicións Xerais

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante