Ruptura familiar e centros educativos
INFORMACIÓN
Cada vez son máis numerosas as dúbidas e preguntas que nos chegan desde os centros educativos relacionadas con problemáticas derivadas, a maioría delas, de situacións de ruptura familiar. Como primeira resposta a esta necesidade, desde Escolas Católicas organizamos unha sesión informativa cunha letrada especializada neste ámbito que realizará unha aproximación a conceptos básicos, proporcionará pautas para a toma das decisións axeitadas por parte dos centros educativos, presentára diversos supostos prácticos e resolverá as dúbidas e consultas que xurdan tras a súa intervención.
A formadora é Mar Vivero Vizoso, directora de Mar Vivero Abogados, profesora-titora no Máster avogacía da USC, socia de Executivas de Galicia e da Asociación española de abogados de familia AEAFA.