SOLICITUDE CURSOS FUNDAE

 

1. ACCEDER Á  NOSA PLATAFORMA

 

Premer para acceder á plataforma

O colexio ou institución comunica as accións formativas que queira realizar a través da nosa plataforma. No apartado de formación premer en  FUNDADE-BONIFICACIÓNS.  Se non lembras ou non tes o usuario e contrasinal solicítanolos chamando á nosa sede (981 58.25.27).

 

2. CONDICIÓNS E PRAZOS

 

Máximo PRESENCIAIS  30 participantes por grupo, mínimo 10 asalariados que finalicen (asistencia ao 75% das horas impartidas).

ON LINE máximo 80 participantes por grupo.

Mínimo de horas de duración da acción formativa: 2, aínda que entendemos que son necesarias 4 horas para que haxa un bo aproveitamento; número máximo de horas, en función do crédito de cada empresa.

Lembra que se o Centro ou a Congregación organiza cursos con financiamento FUNDAE con outro xestor que non sexa FERE- CECA Galicia nos que participan profesores do colexio, o importe deses cursos réstase tamén do mesmo crédito.

Teñen que finalizar antes do 15 de decembro (co compromiso do centro de enviar a documentación nada máis rematar, pola contra, non se garante a finalización en prazo e por tanto, a súa bonificación).

Solicitar o curso na aplicación polo menos 12 días antes do inicio.

Lembra que unha vez solicitado o curso non se pode cambiar nin o título, nin as horas,  nin o horario, nin as datas. Se xorde algún problema con calquera destas cuestións ponte en contacto connosco para vermos a maneira de solucionalo.

 

3. INTRODUCIR CURSOS NA PLATAFORMA

 

Cubre os datos do centro

Vídeo titorial  datos xerais do centro. Revisar, completar e gardar cambios

Se xa están introducidos de anos anteriores, revisa que estean todos correctos e se non, modifica o que proceda.      

Cubre os datos do curso

Vídeo titorial  introducir  cursos

-Se che interesa algún curso do noso  plan formativo 2020-2021, premer para ver plan de formación, podemos indicarche  os relatores/as que impartiron esa formación, e que tiveron unha avaliación positiva. Para máis información, contactade con innovacionpedagoxica@escolascatolicas.es

-Se queredes realizar algún curso que non estea no plan de formación, pero que se axuste ás necesidades do centro, tamén é posible. Nós podemos deseñalo ou axustarnos ás vosas necesidades. Só tedes que solicitalo enviando un mail a innovacionpedagoxica@escolascatolicas.es ou chamando por teléfono.

-Se preferides buscar vós os formadores ou a empresa para impartilo, nós xestionamos a FUNDAE. Contactade con administracion@escolascatolicas.es. Lembrade que, se a impartición da formación a realiza unha empresa, é necesario que estea rexistrada no Rexistro SEPE de Entidades de Formación.

Neste apartado tes que introducir os datos seguintes: título, obxectivos e contidos; datas e horas; relatores; sesións e horario e participantes.

Relatores: cada colexio ou institución solicitaralle a o relator/a que imparte  a acción formativa:

Currículo Vitae  (unicamente o gardamos por se o pide a inspección)

Cuestionario de avaliación positiva. Se non tes o modelo, solicítanolo e enviámoscho.

O pagamento ao relator/a ou empresas nunca o realiza o colexio senón a empresa organizadora;  neste caso, FERE-CECA Galicia. Se tes dúbidas, sobre a facturación, ponte en contacto connosco (administracion@escolascatolicas.es)

Que hai que facer tras introducir os datos do curso?

Informar aos Representantes dos Traballadores ( RLT).

Imprimir e pasar o control de asistencia durante a realización dos cursos aos participantes  (e que asine tamén o relator/a).

Imprimir e entregar ao finalizar o curso o cuestionario da  avaliación de cada participante.

Imprimir e entregar ao finalizar o curso o cuestionario de  avaliación POSITIVA  (unha para cada participante).

Ao remate do curso, enviar a FERE-CECA Galicia  os ORIXINAIS de toda a documentación.

Con suficiente antelación, desde FERE- CECA Galicia remitiránsevos,  vía correo electrónico, os seguintes documentos:

Folla de avaliación positiva (unha para cada participante).

Factura/ s do relator/ s (tedes que que devolvelas a FERE- CECA Galicia asinadas e numeradas polo relator/ s). É FERE- CECA Galicia quen lle paga ao relator/a.

Cartel do curso para que o coloquedes na porta da aula onde se imparte o curso. 

         

4. SOBRE O ANEXO AO CONTRATO DE ENCOMENTA E RLT

 

Documento 1 – Contrato de encomenda

Enviarémosche un documento de adhesión ao contrato de encomenda que nos dá permiso para enviarvos o crédito e xestionar cursos a través da Fundae. Devolverase  o ORIXINAL deste documento asinado polo representante legal do colexio.

Se é unha Fundación, asinarao o representante legal da fundación.

FERE- CECA Galicia asume a función de entidade organizadora e, polo tanto, asume as funcións de tramitación, seguimento e control e custodia da documentación relacionada coas distintas accións formativas. Dita función formalízase nun documento escrito, que é o Contrato de Encomenda da Formación, que recolle as obrigacións mínimas que deben asumir os asinantes. Dito convenio non supón exclusividade ningunha con FERE- CECA Galicia.

Documento 2 – Información aos representante legais dos traballadores (RLT)

Así mesmo, FERE- CECA Galicia envíalles a aqueles centros que teñen Representación Legal dos Traballadores un documento de comunicación á RLT que debe ser asinado por representantes do Comité de Empresa ou Delegados de Persoal no que declaran recibir a información sobre as accións de formación continua levadas a cabo no seu centro. A RLT debe coñecer os obxectivos, contidos etc. dos cursos que realiza o colexio e acreditar que se lle entregaron,  requisito que se cumpre coa sinatura do documento anterior. Unha vez asinado tedes  que mandar a FERE- CECA Galicia  unha COPIA e o centro  custodia o orixinal.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante