A Xornada de Normalización Lingüística, organizada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten lugar sempre no mes de novembro. É a primeira ocasión en que se analiza a figura elixida pola RAG para renderlle homenaxe nas Letras Galegas a partir do mes de xaneiro.

Especialmente dirixida a profesorado de galego dos noso colexios, está aberta tamén ao de centros públicos e privados. Ademais, ofrécense recursos e ferramentas para axudar a avanzar no uso e no ensino do galego, coñécense boas prácticas e “poñémoslle o ramo” á xornada co noso recoñecemento a algunha persoa destacada no ámbito do fomento da lingua e da cultura galegas como foi o caso, por exemplo, de D. Elixio Rivas, de Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade, Maria Campo ou ao Irmán Reboiras.

XX  Xornada de Normalización Lingüística 2024

O  venres, 22 de novembro no Consello da Cultura, terá lugar a nosa Xornada de Normalización Lingüística organizada en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio de rodeira-Edebé.

Homenaxe  de Escolas  Católicas a Antón Santamarina na vixésima  XNL.

Conferencia de Antón Luís Santamarina Fernández ao redor do “Cancioneiro popular galego”.

Homenaxe a Antón Santamarina. Laudatio de Francisco Fernández Rei e resposta de Antón Santamarina.

A música tamén estivo presente ao longo de toda a xornada grazas a Icía Varela; Tamara Costas, Paula e Nerea; Mila da Aira e Elías Piñeiro. Ver vídeos.

Nota de prensa

A nova nos medios:

La Región

Consello da Cultura

Galicia Confidencial

Premios Irmán Reboiras 2023

“Compacontos” Compañía de María da  Coruña.

“Saca a lingua a pasear” Fillas de María Inmaculada de Vigo.

Premios Irmán Reboiras 2024

Radio Bosco. A Radio pola cultura” Colexio Don Bosco de Vigo.

A Coruña, unha cidade de cine” Colexio Esclavas da Coruña.

Premios Irmán Reboiras 2022

O recuncho das galegas ilustres…” Colexio  Divino Maestro de Lugo.

O Meniño Rei” Colexio Compañía de María do Ferrol.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante