Xornada EDUCAORIENTACIÓN

Información

Xornada de EDUCAORIENTACIÓN, dirixido aos orientadores/as, titores/as, persoal de apoio, membros de equipos directivos e a calquera persoa interesada, en xeral. Dito encontro terá lugar o 26 de abril na sala 9 do Edificio Fontán, no Gaiás e terá un custo de 70 euros (café incluído)

Un dos piares que sustenta a educación personalizada que caracteriza os nosos colexios, e un dos máis recoñecidos polas familias que escollen o noso modelo educativo, é a orientación. É por iso polo que, desde EC, un ano máis lanzamos a convocatoria EDUCAORIENTACIÓN. Trátase dun encontro onde, ademais de contidos teóricos prácticos impartidos por persoas de referencia no ámbito da atención á diversidade, nos servirá para continuar tecendo rede entre os orientadores/as de Escolas Católicas.

 Formadoras:

Julia García, directora e fundadora do Centro de Estimulación Julia García especializado nos trastornos do neurodesenvolvemento. Este centro ten como obxectivo fundamental mellorar a calidade de vida, proporcionándolles ferramentas para que poidan comunicarse, aprender e desenvolverse da forma máis adaptativa e eficaz na súa contorna.

Ana Murcia é unha pedagoga con longa experiencia no eido da orientación.  Forma parte do Equipo de orientación educativa de Grao en Asturias. O seu traballo céntrase na identificación de barreiras e no deseño de actuacións que fagan posible avanzar cara a unha escola sen procesos de exclusión, tamén na era da IA.

Marlene Horna. Psicóloga que, desde hai máis de dúas décadas, traballa apoiando persoas do espectro autista e as súas familias. Muller de referencia neste ámbito é, ademais, consultora e formadora en centros educativos, asociacións e institucións.

Podedes inscribirvos no código QR do cartel ou no seguinte enlace: EDUCAORIENTACIÓN

Lugar de realización:

GAIÁS sala 9 do Edificio Fontán

Galería de imaxes

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante